Sunday 08 de September de 2024

Bergondo destinará 15.000 euros a axudas de desprazamentos escolares durante o próximo curso


· O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe a convocatoria das axudas, para as cales se poderán presentar solicitudes ata o 11 de outubro.

O Concello de Bergondo avanza na súa aposta por promover unhas mellores condicións para o estudantado da localidade coa convocatoria das axudas económicas aos desprazamentos escolares para o próximo curso 2024-2025.

O boletín oficial da provincia publica hoxe, venres 26 de xullo, a convocatoria destas subvencións das cales poderán beneficiarse todos os estudantes empadroados no Concello que cursen; Educación Infantil; Bacharelato; Formación Profesional; ensinos de réxime especial; Educación Universitaria; programas internacionais oficiais e outros estudos oficiais homologados.

A presente convocatoria está dotada cun orzamento total que ascende a 15.000,00 euros. Desta contía, o importe máximo a percibir por cada persoa beneficiaria será:

Galicia:

• De 1 a 3 km: Ata 40 euros.
• De 4 a 15 km: Ata 60 euros.
• De 16 a 40 km: Ata 80 euros.
• De 41 a 80 km: Ata 120 euros
• De 81 a 170 km: Ata 150 euros.

Outras comunidades autónomas: Ata 200 euros.

Programas internacionais oficiais: Ata 600 euros

As persoas que desexen presentar as súas solicitudes a esta convocatoria poderán facelo desde mañá, 27 de xullo, ata o próximo 11 de outubro.